martes, 30 de junio de 2015

Participación de Boa Vida no Proxecto Symbios o 27 e 28 de maio


O Seminario Técnico Final do Proxecto Symbios, celebrado en Santiago de Compostela o 27 e 28 de maioserviu para presentar diferentes experiencias innovadoras para a inclusión territorial, que garanten a calidade de vida en territorios en crise demográfica. Algunhas delas achegáronas os socios europeos do proxecto Symbios, que presentaron metodoloxías para os diferentes pasos na planificación. Tamén se presentaron experiencias da Rede Europea de Servizos Sociais, da que forma parte a Xunta de Galicia.

Podedes ver o documento completo na páxina do proxecto http://www.proxectosymbios.es/gl/content/propostas_seminario_final

        









jueves, 25 de junio de 2015

Encontro de Productores e Consumo Responsable



O pasado día 20 de xuño participamos no Encontro de Produtores e Consumo Responsable, dentro da Semana polo Comercio Xusto. 




Foi unha experiencia moi agradable para todos nós, especial mención ao obradoiro de Alfombras Mandala.




.

lunes, 25 de mayo de 2015

Xente Pobre en Terra RIca



O Quinteiro Do Umia fixo recentemente esta reportaxe sobre a pobreza, invitámosvos a velo polo tanto por ser un tema de grande interese, coma polo seu enfoque e tratamento da información.

Pepa Vázquez fala sobre a pobreza neste documental e tamén sobre Boa Vida ‪#‎Inclusión‬ Activa

VI ENCONTRO PARTICIPACIÓN E CIDADANÍA INCLUSIVA 2015 NA EAPN

VI ENCONTRO PARTICIPACIÓN E CIDADANÍA INCLUSIVA 2015 NA EAPN

Por cuarto ano consecutivo, o pasado sábado 16 de maio participamos no VI Encontro de Participación e Cidadanía Inclusiva da EAPN.





Tivemos a oportunidade de compartir e contar a nosa experiencia xunto coa do Plan Comunitario de Teis, Barrios Abertos de Compostela e Cáritas Bizkaia.

Foi unha experiencia de grande aprendizaxe para nós e tamén de participación da que saímos moi satisfeitos e contentos.

Participamos igualmente dos obradoiros que nos permitiron coñecer outras entidades e persoas que están na rede e ao mesmo tempo reflexionar sobre a importancia da incidencia política se queremos ser visibles e que se nos teña en conta.


Seguiremos participando na EAPN, na nosa comunidade, facendo incidencia política para que Concello de Pontevedra nos teña en conta, xa que traballamos no día a día para mellorar a calidade de vida das persoas e para a defender os dereitos cidadás que a administración ten a obriga de facer cumprir, independentemente de cal sexa a situación persoal, social ou económica de cada quen.