sábado, 24 de enero de 2015

Asemblea 2015 21 de febreiro

Asembela 2015

Estamos preparando a asemblea anual ordinaria

¿Que che parece a proposta? ¿Queres Podes votar unha man?.

2- Proposta asemblea anual ordinaria 2015. Sábado 21 de febreiro.

Proposta de Lugar: Arroelo c/Michelena 11, (hai que levar cadeiras)

09:30. Acollida e acreditacións.

10:00. Presentación da memoria 2015

11 mini descanso café e pitillo e atención á prensa.

11:20 Presentación de propostas a debatir para a tarde.

12:20 Queda de palabras.

13:00 Saída de visita á rúa Santiña pasando polo local da rúa Cruz Vermella.

14:00 Comida solidaria. Sopa e bocata. Na rúa Santiña

16:00 Inicio dos catro grupos de traballo. 30 minutos.

16:30 Posta en común exposición de cada grupo 30 minutos.

17:00 Recollida de conclusións votación de acordos.

18:00 Peche
 Proposta grupos de traballo:
1- Xestión interna e programas
Misión visión e valores . Comunicación interna e externa
Recursos humanos
ODDS- Programas sociais.
Oficina de información.
Itinerarios.
Formación continua
2- Xestión económica
Deseño estratéxico da xestión.
Busca de financiamento
Relación coas diferentes áreas de traballo
3- Boa Vida Trapera. 
Almacén e recollidas
Rastro solidario
Obradoiro permanente

viernes, 16 de enero de 2015

Breve valoración do rastro solidario de Boa Vida

O 9 de decembro abrimos un rastro solidario na Rúa Cruz Vermella nº16 que permaneceu aberto ata o día 5 de xaneiro.





O proxecto enmárcase dentro de Boa Vida Trapera polo que se pretende facilitar a inserción social e laboral de persoas en situación de risco de exclusión social e/ou con dificultades no ámbito socia e laboral que pertencen a asociación.

Supón unha oportunidade de aprendizaxe diario na atención ao público, a xestión da tenda (caixa, reposicións...) e xestión do almacén (recepción de roupa e obxectos de segunda man, selección de ditos obxectos e venta).

Resultou unha experiencia moi positiva grazas ao esforzo de todas as persoas implicadas, á súa disposición para aprender e mellorar e a súa actitude de superación.

O rastro supuxo tamén unha oportunidade de poder acceder a roupa, calzado, xoguetes, libros e outros obxectos para persoas con poucos recursos xa que os prezos oscilan entre 0.5€ e 10€ estando o prezo promedio en 3€.

Temos que decir que o proxecto tivo moi boa aceptación por parte dos veciños da cidade que se achegaron tanto a mercar como a doar roupa e outros obxectos.

Fixemos unha estimación de venta diaria de 50€ que se superou dende o primeiro momento o que nos vai permitir ter un fondo para seguir traballando no próximo ano e para crear unhas bolsas polas que se compensen os gastos derivados do transporte e o tempo adicado polas persoas que estiveron aprendendo, na tenda, durante este periodo dun mes de xeito voluntario.

Os compañeiros que están a levar a tenda din cousas como que esta tenda é unha motivacion para erguerse todas a mañáns, é unha ilusión e un orgullo poder participar dela.


Por último queremos volver a agradecer todo o apoio mostrado tanto polos nosos veciños da cidade así como dalgunhas tendas que nos doaron libros e roupa, as persoas que nos apoiaron como voluntarias e tamén dos medios que estiveron pendentes de nós.

Unha aperta

miércoles, 17 de diciembre de 2014

GRAZAS

Xa compartimos neste blog a apertura da Tenda - Rastro Solidario de Boa Vida... pero de novo queremos compartir con vós a alegría de ver os nosos esforzos recompensados pola acollida que está a ter a iniciativa.


Queremos que saibades que hai moito traballo tras este proxecto, recollida de roupa dende case fai un ano, selección da roupa, superación de limitacións e medos, posta a proba das capacidades...

Traballo para facer equipo, algunha disputa que outra, superación de desconfianzas, aprender a traballar xuntos, ir e participar en eventos e congresos... 

Formación!! Todo é formación, constante, diaria... non paramos de aprender


E sobre todo gratitude. 

Gratitude a cada un dos compoñentes de Boa Vida por seguir loitando, gratitude ás persoas que nos apoian, a institucións que nos apoian, a entidades que nos apoian. E gratitude tamén para aqueles que aínda non están con nós porque nos serven de incentivo para seguir crecendo e mellorando.

Quero lembrar que os beneficios do rastro van para as persoas da Asociación que están a pasar por dificultades, que están en situación de exclusión social ou en risco de estalo e que nestes intres, estos días están loitando para (e aquí fago miñas as palabras de Javier) normalizar as súas vidas.

                                                                  GRAZAS!!! 

Aurora

martes, 25 de noviembre de 2014

IV Convención anual da Plataforma Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social

De novo o noso querido compañeiro Javier foi os nosos ollos, oídos e voz en Bruxelas.



Esta vez na IV Convención anual da Plataforma Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social




UN MILLÓN DE GRAZAS DENDE BOA VIDA!!!!

Para aqueles que queirades saber un pouco mais sobre esta convención, copiamos e pegamos o resumo feito dende a EAPN

13/11/2014 La IV Convención Anual de la Plataforma Europea contra la Pobreza y la Exclusión Social, una iniciativa emblemática de la Estrategia Europa 2020, tendrá lugar el 20 al 21 noviembre 2014 en Bruselas.
La crisis económica está dificultando el cumplimiento de los objetivos sociales de Europa. ¿Cómo debemos superar el reto? ¿Qué papel puede desempeñar la innovación social para garantizar una Europa más inclusiva y equitativa? ¿Cuáles son las lecciones aprendidas hasta el momento ¿Hacia dónde vamos desde aquí? La Convención Anual 2014 examinará estas y otras cuestiones.
Esta Convención tiene como objetivo hacer un balance anual de los progresos realizados para el cumplimiento del objetivo principal de la Estrategia Europa 2020 , que es reducir en 20 millones el número de personas en situación de pobreza y exclusión social antes de 2020.
Este año la Convención se centrará en los avances en la reforma del ámbito social a nivel de la UE y de los Estados miembros y en los resultados de la consulta pública abierta recientemente en la Estrategia Europa 2020, que incluye el objetivo de reducción de la pobreza. 
http://www.eapn.es/noticias/412/Plataforma_Europea_contra_la_Pobreza