jueves, 14 de abril de 2016

Xornadas 1º aniversario Tenda Solidaria


Con estas xornadas celebramos o primeiro aniversario da Tenda Solidaria e convidamos á cidadanía a reflexionar e cambiar habitos de consumo.

jueves, 31 de marzo de 2016

Boa Vida ata o ceo

Aínda que ultimamente teñamos parado algo máis as redes sociais, individualmente e como equipo non hai quen nos pare!!
Seguimos traballando con máis ilusión se cabe polos pequenos grandes logros.
Renovamos a tenda eventualmente grazas ao poderío decorativo da nosa querida Jessyca.

                                                                                                                                                                   
Jessyca.Mariló y María.


Hoxe acabamos coa xustificación da subvención da Xunta (grazas Pepa!) a cal nos permitiu acompañar procesos de inclusión a persoas en situación de pobreza e exclusión, facilitándolles información de calidade e apoio psico-emocional para que poidan seguir loitando pola súa dignidade (grazas especiais a Aurora e Matilde neste traballo).
Con ganas, ilusión e moitos esforzos. Grazas ao equipo humano que compón Boa Vida e a todo o apoio que nos chega de diversas formas porque así dámoslle tamén forma ao noso obxectivo-proxecto de empresa de inserción.

Unha das nosas traballadoras sociais, Pepa Váquez.
 

O próximo 7 de abril é o primeiro aniversario da tenda. Estamos moi contentas de poder celebralo, aínda que nos falte unha persoa moi especial que nos deixou hai pouco (Lito) quen gritaba e loitaba con orgullo polo que sentía e cría xusto. Foi todo un apoio nos nosos primeiros pasos. Enchíanos de enerxía ler as súas palabras cheas de orgullo sobre a asociación e o que eramos para el. Querido amigo, alá onde esteas lembrarémosche sempre. Boa vida ata o ceo!

A persoa da dereita é o noso querido Lito.

Unha aperta.

martes, 16 de febrero de 2016

Boletín febreiro

Como cada mes achegamos o noso boletín, nesta ocasión presentamos o resumo da nosa memoria do traballo realizado durante o ano 2015 e tamén a invitación á nosa asamblea ordinaria aberta.  Para esta última precisamos inscrición previa así que non dubides en chamarnos para confirmar a túa asistencia. 




sábado, 2 de enero de 2016

FELIZ ENTRADA NO ANO 2016

Feliz entrada no ano! Que o 2016 veña cargado de oportunidades e que xuntemos entre todos as forzas para continuar esta viaxe que e Boa Vida. Grazas 2015 por todo o que puidemos aprender, grazas a todos os que dun xeito ou doutro formades-mos parte de Boa Vida.
Deixamosvos un agasallo, este video realizado polos nosos compañeiros de Traperos de Emaus Murcia con quen compartimos unhas xornadas fai uns meses, disfrutadeo!

https://drive.google.com/file/d/0Byb18N5IeTN0LWtLbl9Id3pMODA/view?ts=5684ddfe



jueves, 17 de diciembre de 2015

Boa Vida na TVG


Con estas palabras nos describe o periodista que fixo a reportaxe:

"A Asociación Boa Vida iniciouse na solidariedade e precisamente ese é o seu alimento. Este colectivo, nado en Pontevedra, recicla roupa, calzado e xoguetes entre outros artigos e despois véndeos. A iniciativa creada por un grupo de persoas en situación de exclusión social humaniza a nosa sociedade.

É unha casualidade solidaria que a Asociación Boa Vida se instalara na rua da Cruz Vermella en Pontevedra. O que non é accidental é o exito deste colectivo con menos de dous anos de vida. Esta asociación loita contra a pobreza, a exclusión social e traballa para erradicar as desigualdades tan palpables. Fano, a través do traballo e da formación.

No seu local onde traballan dous técnicos, catro bolseiros e unha vintena de voluntrios ofrecen de todo; sobre todo roupa e calzado e nestas datas moitos xoguetes. O funcionamento é sinxelo: recollen o que lles dan e véndeno a prezos asequibles. Xogan coa vantaxe de ser visibles.

Vendendo a mercadoría que conseguen, superan os mil euros de beneficios ao mes pero aínda non son suficientes para sosterse económicamente. Por iso fan un chamamento...

Ah, e tamén ansian mercar unha furgoneta e alugar un local nas aforas da cidade para reciclar os artículos máis voluminosos."

Nesta ligazón podedes ver a reportaxe: 

http://www.crtvg.es/informativos/boa-vida-recicla-roupa-e-vendea-para-loitar-contra-a-exclusion-social-1661909


Estamos moi agradecidos de que se fagan eco dos nosos esforzos e agradecidos tamén a todas aquelas persoas que nos acompañan dun xeito ou doutro neste camiño.

domingo, 13 de diciembre de 2015

PRESENTACIÓN GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS

COMO MANEXARSE NO LABIRINTO BUROCRÁTICO PARA ESIXIR OS NOSOS DEREITOS.


O mércores 16 de decembro ás 20:00 na Epa de Pontevedra (escola de adultos) na Avda. Bos Aires 22-23 - Pontevedra.
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia - Vigo presentarannos a súa Guía de Axudas Sociais.
Esperámosvos!



Subscribimos a súas palabras e admiramos a súa labor de loita.

Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!
O empobrecemento, o desemprego, a precariedade, as pensións de miseria, a cesta da compra que non para de subir, a vivenda entendida como un ben de consumo, colócannos fronte a serias
dificultades para atender as necesidades máis básicas. Isto fai que moitas persoas nos vexamos en graves problemas para cubrir os mínimos para a vida: alimentación, vivenda, saúde...
Estas situacións estannos obrigando, a moitas de nós, a acudir aos chamados “servizos sociais” na procura de axuda, solución, ou, ás veces, dese milagre que precisamos para satisfacer as nosas necesidades básicas.
A realidade amosa que o que debería de ser un acceso seguro e transparente a un servizo público (como a sanidade ou a educación) convér tese, de feito, nunha “carreira de obstáculos” onde desgraciadamente é preciso ir informada de antemán, coñecer os nosos dereitos, saber o que dicir e o que non se “permite” facer etc.
A continuación deixamos indicacións, consellos, pautas... que consideramos útiles para aquelas persoas que pensan acudir ou xa tiveron contacto co mundo dos servizos sociais.
Para nós esta guía é unha ferramenta máis coa que loitar polo dereito a unha vida digna para todas as persoas.
Coia, decembro 2014.