miércoles, 13 de agosto de 2014

Aquí podedes ver o novo programa de Inclusión Social e Labora que está a desenvolver Boa Vida Inclusión Activa. Pídenos información por calquera dos medios indicados no cartel, estaremos encantados de atenderte.

lunes, 11 de agosto de 2014

Últimamente estamos a adicarlle pouco tempo a este blog xa que estamos inmersos na elaboración dunha serie de proxectos como "Tí es Boa Vida" encadrado no II Plan Galego de Inclusión Social do que moi pronto especificaremos detalles... estade atentos!


martes, 22 de abril de 2014

Recollida de Roupa e Calzado



A Asociación Boa Vida Inclusión Activa, é para persoas de PONTEVEDRA traballamos para diminuír desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades a través da formación e o traballo en conxunto. 

Precisamos recoller 13 toneladas, de téxtil (roupa e calzado), tamén prendas en desuso coas que faremos trapo. Con isto axudamos a persoas de PONTEVEDRA que coma nós teñen dificultades para saír adiante día a día.

Tráenos o que xa non precises!

Chámanos e imos a recollercho

Tamén podemos falar coa túa comunidade de veciños e explicar este proxecto

Horario de 10 a 12 horas de luns a venres
R/Cruz Vermella 16
Telf.: 668 862 139

Correo: boavidainclusionactiva@gmail.com
Blog: boavidaiclusionactiva.blogspot.com
Facebook: boavidainclusionactiva

Se queres colaborar económicamente:
Nº de cuenta Triodos bank:  ES61 1491 0001 292105803528

lunes, 7 de abril de 2014

Campaña EU NON ME RINDO! Traenos unha prenda que xa non uses



Esta semana iniciamos a campaña Eu non me rindo, que consiste na recollida de produto téxtil e petición de axuda económica para sacar adiante o proxecto os próximos meses.

Recolleremos 13 toneladas de produto téxtil en Pontevedra, para
reutilizar. Con iso, conseguiriamos os fondos necesarios para levar a cabo a nosa actividade. Ademais, participariamos na mellora e conservación do medio ambiente.

Este mércores presentación a medios de comunicación e o xoves charla, Vés a coñecernos?.  Podes traer algunha prenda que xa non uses?.