Queremos que saibades que hai moito traballo tras este proxecto, recollida de roupa dende case fai un ano, selección da roupa, superación de limitacións e medos, posta a proba das capacidades...
Traballo para facer equipo, algunha disputa que outra, superación de desconfianzas, aprender a traballar xuntos, ir e participar en eventos e congresos...
Formación!! Todo é formación, constante, diaria... non paramos de aprender
E sobre todo gratitude.
Gratitude a cada un dos compoñentes de Boa Vida por seguir loitando, gratitude ás persoas que nos apoian, a institucións que nos apoian, a entidades que nos apoian. E gratitude tamén para aqueles que aínda non están con nós porque nos serven de incentivo para seguir crecendo e mellorando.
Quero lembrar que os beneficios do rastro van para as persoas da Asociación que están a pasar por dificultades, que están en situación de exclusión social ou en risco de estalo e que nestes intres, estos días están loitando para (e aquí fago miñas as palabras de Javier) normalizar as súas vidas.
GRAZAS!!!
Aurora